9 septiembre, 2015

Keep calm and a bailaaar

Carla López Vázquez

Non hai receitas milagrosas para nada, non existen bálsamos de Fierabrás (repasade o Quijote), a música non ten prospecto nin instruccións de uso tampoco. Escóitaa, escolle a túa e disfrútaa en familia. Carla López, a nosa musicoterapeuta colaboradora cóntavos como facelo con 6 ideas fáciles de aplicar. A elaborar o voso cd familiar de greatest hits!!!

Aquí chega setembreo unha vez máis coas súas rutinas, os seus días curtos, a súa volta ao cole e ese sentimento colectivo que, como un remusquillo na boca do estómago nos adianta o preparados, listos, xa!

En medio deste proceso de recolocación, vanme chegando por aquí e por alá peticións de música para a relaxación e a redución do estrés que implica toda esta pre ye volta á rutina.

Pois ben, sinto ter que dicir que as recetas musicais non existen. Ogallá. Aplicaríamas a min mesma constantemente como parches de nicotina ou emplastos de arxila.

Encantaríame poder regalarvos listados de cedés con misceláneas musicais con títulos resultons como “Relax volta ao cole”, “Melodías para a migraña” ou “Concerto para coro de perrenchas”, pero non podo, é dicir, honradamente non podo.

É por iso que para paliar un pouco esos nervios de fin das vacacións, e o disgusto de saber que non hai fórmula máxica para salvarnos, vouvos  revelar algunhas pautas que quizais poidan servos útiles para poder elaborar o voso propio “CD Keep Calm”

Como xa vos dixen, as receitas musicais non existen e o proceso de tomar calma na vida é algo gradual. O relaxarse e xestionar de forma positiva determinadas situacións que poden producirnos inquietude é algo que se aprende pouco a pouco.

  • Pon atención aos teus propios intereses musicais. Observade que tipo de música utilizas para que situación. Cales che dan máis enerxía, cales menos. Cantas na ducha? Que tipo de cancións te fan estar máis tranquila e en que contexto?
  • Elabora as túas propias misceláneas con esas músicas. “Música para conducir”, “Música relax”… A priori, e sen entrar en consideracións máis profundas, o importante é o que esas músicas supoñen para ti. Non vas  facerte automusicoterapia, senón fabricar ferramentas para favorecer un estado de benestar personal no día a día.
  • Dedícate tempos para estas músicas. Utilizaas para cantalas, bailalas, elaboralas en uns tempos para ti. É importante concedernos momentos de auto coidado. A voz vénnos de serie habitualmente, o corpo tamén. Aproveitemos isto ao máximo.
  • Todo isto é extrapolable ao resto da familia. E se elaboramos un “Recopilatorio musical familiar”? Planazo.
  • Cantar, bailar, escoitar música, compartir. Hábitos saudables que se practicamos habitualmente, serán un exemplo para os nosos nenos.
  • Se eles nos ven tomar calma e empregar ferramentas para iso, tomarán o exemplo e nos secundarán na nosa disposición ante a vida. Acompañade os momentos con un baile, unha canción en común. Estouno vendo. A voz en grito no coche cara o cole coa nosa canción preferida. Estes momentos en común daránnos sensación de unidade, cooperación, complicidade. Sensación de que avanzamos na mesma dirección.

Para terminar, permítome compartir con vós esta divertida escena mental da que vos falaba no punto anterior.

Primeiro día de cole no coche, a voz en grito por exemplo “I will survive” de Gloria Gaynor (ou a que vós queirades)

Ración de felicidade asegurada. Queredes probar?

Aquí vos deixo a canción para que ensaiede 😉 A que se vos van os pés e as cadeiras??

¡Feliz recomienzo a todos!

Share on facebook
Facebook

Artículos relacionados

Colaboracións

PELIMANTA MUSICAL II

Frío, choiva, abeto recollido, cansancio… Acaso non apetece un peli-manta? Hoxe Carla López, a nosa musicoterapeuta, tráeche un par de recomendacións de pelis para ver con e sen peques, ambas moi musicais, por suposto.

Leer Más >>
Colaboracións

Pelimanta musical I

Chega a choiva, o fresquete, os días de outono, de buscar plans a cuberto… E Carla López, a nosa musicoterapeuta favorita chega ao rescate, con recomendacións de cine para ver en familia. Adeus estereotipos, imos probar cousas novas, quen dixo que o cine en branco e negro non sexa para nen@s?

Leer Más >>
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información;