11 abril, 2018

Leer da muchos sueños y herramientas para cumplirlos

Sonia Hermida

Abril é un gran mes. O mes da vida, das chuvias que o fan medrar todo, o mes do meu cumpreanos e o mes dos libros. Por iso este mes heime adicar a conseguir inspirarvos a diario con novas propostas. Pero se buscades inspiración, xa podedes deixar de facelo porque a atoparedes todiña no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Hai un slogan que circula en imaxes e carteis en redes sociais e co que concordo parcialmente. «Ler dá soños», «Leer te da sueños», mais penso que o que che dá a lectura vai moito máis aló dos soños, dache tamén as ferramentas e pistas para perseguilos e mesmo alcanzalos en moitos casos. E diso ides atopar moito moitísimo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra até o día 29 en Pontevedra.

Todo un mes para coñecer editoriais, propostas novidosas, participar en contacontos, aprender coa escola de pais e nais novas maneiras de estimular a lectura, desfrutar coa música dos mellores grupos galegos (¡qué boísima idea a de unir libros e música!) en un montón de concertos imperdibles…

De luns a domingo, sete días á semana, atoparedes unha programación máis que apetecible. Destaco apenas catro ou cinco propostas de entre todas elas:

  • Obradoiros de podcasting literario e de booktubers. Demostramos que os libros e as novas tecnoloxías non só se poden levar ben, senón que poden facer unha estrana parella perfecta.
  • Obradoiro sobre o libro «O branco non pinta», unha xoia da que teño que falarvos en breve.
  • Obradoiro científico «Que é isto?«, no que os participantes levarán adiante diferentes propostas baseadas nas do libro «Mauz iz io», de Carson Ellis.
  • Isto para alén do congreso de mediación lectora, de todas as propostas que veñen da man de México, o país convidado ao evento este ano e todos os soños, as bolboretas, as ilusións, as nubes e os talentos que se agochan tras cada contacontos e presentación de libros que se programan no Pazo da Cultura de Pontevedra, pero tamén en centros de ensino, ou en outros centros colaboradores.

Non perdades o programa completo desta edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que non podía ter un cartaz nin un lema que me gustasen máis «Mulleres de conto«.

Ao fin e ao cabo, se hai algo que aprendín, foi que nada pode ser mellor que ser unha muller de conto, protagonizar as súas historias, inspiralas, contalas, interpretalas, sentilas coma propias, aínda que só sexa por medio século…

Share on facebook
Facebook

Artículos relacionados

Leemos porque vivimos
LIBROS EXTRAORDINARIOS

Y tú, ¿por qué lees?

Una pregunta tan sencilla como compleja de responder. Por eso no lo hago yo, sino vosotras. ¿Por qué lees? ¿Para qué lees? Si es que lees para algo en concreto, claro. Lo mejor, es que tu respuesta puede tener premio. ¿Adivinas cuál es?

Leer Más >>
Cartel Día Libro Infantil y Juvenil
LIBROS EXTRAORDINARIOS

Cuando las historias echan a volar

Nuestras vidas están hechas de historias que, en un momento dado, levantan el vuelo por sí solas. Hoy, 2 de abril, se celebra el Día Mundial de la Literatura Infantil y Juvenil y vengo a contaros algunas de esas historias. Quizás no las veáis, pero están ahí.

Leer Más >>
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información;