6 abril, 2015

Arkhé

Sonia Hermida

Centro de estimulación temperá, maternidade, asesoramento, espazo educativo

Neste centro multidisciplinar ofertan diferentes actividades para axudarche no camiño ao teu parto: curso de educación maternal, educación corporal para embarazadas e actividades acuáticas para embarazadas. Ademais, ofertan ao longo do curso toda unha serie de talleres e actividades específicas para mulleres embarazadas. Ofertan asimesmo o asesoramento dunha doula e talleres de porteo para escoller o sistema que máis che acae.

No referido aos nenos e nenas, Arkhé conta con actividades acuáticas (nunha piscina libre de cloro e adaptada a bebés) desde os 4 meses, educación motriz e musical e clases de inglés. Organizan tamén de forma periódica diversos talleres como o de masaxes para bebés e outras posibilidades de estimulación temperá.

Share on facebook
Facebook

Artículos relacionados

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información;